salafismo
salafismo
s
m
[RELIX]
Movemento modernista e renovador do Islam que xurdiu en Exipto a finais do s XIX baixo o impulso de Ǧ amāl al-Dīn al-Afġanī e de Mu ḥ ammad ‘Abduh. Preconizou a revalorización do Alcorán fronte á rixidez das catro escolas ortodoxas do Islam, superando a poligamia e permitindo imposicións bancarias con xuros, entre outras disposicións. O principal difusor foi Mu ḥ ammad Rašīd Ridá a través da publicación da revista al-Manar (1898-1935).