Salazar, António de Oliveira
Economista e político portugués. Catedrático de Economía na Universidade de Coimbra, foi deputado (1921) e, tras o golpe de estado de 1926, converteuse en ministro de Facenda, pero dimitiu pouco despois. Chamado novamente polo presidente António Óscar de Fragoso Carmona (1928), nun ano equilibrou o orzamento estatal e desenvolveu unha política de austeridade que levou ao país ao estancamento. Converteuse en primeiro ministro en 1932 e inspirou a Constitución de 1933, que estableceu o Estado Novo con fundamentos corporativistas, nacionalistas e autoritarios e instaurou unha férrea ditadura. Apoiou ao bando franquista na Guerra Civil Española e durante a Segunda Guerra Mundial mantivo neutral Portugal. As guerras pola independencia das coloniais iniciadas en 1961 levaron ao país á bancarrota. Enfermo, en 1968 foi substituído polo seu ministro Marcelo José das Neves Caetano.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Santa Comba Dão, Viseu -
Deceso
Lugar : Lisboa