Salé ou Slā’

Salé ou Slā’

Cidade da prefectura urbana de Rabat-Salé, Marrocos, situada na costa atlántica e na beira N do Bou Regreg, que constitúe un arrabalde de Rabat (289.391 h [1982]). Posúe manufacturas de alfombras, marroquinaría e cerámica. Capital dun pequeno reino (s XI), foi conquistada polos almohades (1132), aínda que axiña (1150) perdeu importancia, a raíz da construción de Rabat. Coa chegada dos mouriscos expulsados de Andalucía (s XVII), foi unha base de corsarios, e desde 1627 ata 1641, xunto con Rabat, constituíu unha república independente.