salmoira

salmoira

(

  1. s f [ALIM]

    Solución acuosa de sal coa que se tratan os alimentos para conservalos. Pode levar aditivos incorporados (nitratos, azucres) e plantas aromáticas ou derivados.

    Sinónimos: moira.
  2. s f [XEOL/IND]

    Auga saturada de sal que resulta, nas salinas, da evaporación da auga do mar ou de disolver sal xema en auga doce inxectada ao xacemento.

    Sinónimos: moira.
  3. s f [ALIM]

    Substancia líquida que desprenden o peixe e a carne salgados.

    Sinónimos: moira.

Palabras veciñas

Salmo | salmodia | salmodiar | salmoira | salmoirar | salmón | Salmon, Daniel Elmer