salmodia

salmodia

(< lat psalmodĭa < grψαλμω‘δία)

  1. s f [RELIX/MÚS]

    Música que acompaña aos salmos. Non se coñece ningunha das melodías orixinais nin como eran executadas antes do culto sinagogal. Na Igrexa, os salmos eran primeiro modulados coa canción dun lector (salmodia directa), como unha lectura calquera da Biblia, e no s IV comezáronse a utilizar como cánticos. A forma preferida foi a salmodia responsorial, na que o pobo respondía cun refrán os versículos cantados polo solista. Outra forma tradicional foi a salmodia antifónica que se caracterizou pola alternancia de dous coros que ían intercalando unha ou dúas antífonas entre os versículos do salmo cantados por un ou dous solistas. Co florecemento do contrapunto, introduciuse axiña a polifonía, sobre todo o falso bordón (G. Dufay, Des Prés, Palestrina, Vic22toria, Lassus) e a orquestra (C. Monteverdi). Coa reforma e a implantación das linguas vernáculas no culto, os salmos foron musicados ao estilo das corais (M. Praetorius, T. Tallis, H. Purcell). O Concilio Vaticano II abriu as portas a numerosos estilos simples de interpretar os salmos.

  2. s f

    Canto monótono e aburrido.

Palabras veciñas

salmo | Salmo | Salmo | salmodia | salmodiar | salmoira | salmoirar