salón

salón

(

  1. s m
    1. Sala principal dunha casa destinada a recibir visitas.

    2. Mobiliario que forma este cuarto.

  2. s m

    Cuarto espazoso en que se realizan reunións ou xuntanzas.

  3. s m

    Local dun establecemento público destinado a diversos fins.

  4. s m

    Exposición pública de produtos artísticos, comerciais ou científicos.

  5. s m

    Termo da xerga dos cabaqueiros ou telleiros que designa a masa lixeira de barro, area e auga que se empregaba para protexer as paredes do forno durante a cocción.

  6. salón literario [HIST]

    Reunión periódica de personaxes destacados do mundo literario, artístico ou político que se celebraba na casa dun promotor ou protector, xeralmente unha muller cultivada, con espírito aberto e medios económicos. En Francia, sobre todo durante o s XVII, foron célebres os salóns literarios da marquesa de Ramboullet, Madeleine de Scudéry; no s XVIII, os de Madame de Lambert e Madame Necker e, no s XIX, os de Madame de Staël ou Madame de Récamier.