Sálvora, arquipélago de

Sálvora, arquipélago de

Conxunto de illas situadas na entrada da ría de Arousa pertencentes a parroquia de Aguiño (Ribeira). Está formado polas illas Sálvora, Sagres, As Forcadiñas e outras illas e illotes menores. A illa de Sálvora ten 2 km de máxima anchura en dirección N-S. Declaradas ZEPA en 1989, pertencen ao Parque Nacional das Illas Atlánticas.