Salween Saluen
Salween Saluen
Nome científico: [birmano: Thanlwin Myit; chin: Luchiang; tibetano: Chiama Ngu Chu]
Río situado no SL de Asia. Nace nas montañas Tanglha, no Tibet oriental, flúe en dirección S e atravesa os altiplanos de Kunming e os estados de Shan, Kayah e Karen (Myanmar), para desembocar, despois de 2.500 km de percorrido, nun delta no golfo de Martaban, preto de Moulmein, no mar de Andaman.