Salzgitter

Salzgitter

Cidade do land de Baixa Saxonia, Alemaña (112.934 h [2000]). Situada na conca ferrífera na vertente N do macizo de Harz, ao SO de Brunswic, ten unha importante industria siderúrxica, metalúrxica e de fabricación de automóbiles.