Samaria
Samaria
Rexión histórica de Palestina situada na parte central de Cisxordania, entre Galilea e Xudea, e que tomou o nome da antiga capital do Reino de Israel. Entre os seus dous cumios máis elevados, o Gěrizzīm (870 m) e o Ebal (870 m), estaba a antiga Siquem, e máis tarde a Flavia Neapolis (Nābulus). Habitada por tribos hebreas (s XIV a C), despois da separación do Reino de Israel (931 a C) e, sobre todo, a raíz da destrución de Samaria (722 a C), a nova poboación non foi aceptada polos xudeus.