Samotracia
Samotracia
Illa grega do Mar Exeo, Grecia, no nomós de Éuros, situada diante da costa macedonia (180 km2; 2.871 h [1981]). O cumio máis alto é o monte Fengari (1.600 m). A poboación concéntrase en Samotracia, a capital, chamada tamén Khra. Habitada polos carios, polos tracios e polos samios (cara ao s VIII a C), participou na Liga Délica (478 a C). Estivo baixo poder macedonio e pasou despois aos romanos e aos bizantinos. Posesión xenovesa (1530), foi apresada polos turcos e recuperada polos gregos (1912). En 1863 atopouse alí a Vitoria de Samotracia.