samovar
samovar
(< ruso samovar ‘que fervepor si mesmo’)
s
m
Recipiente, xeralmente de cobre, típico de Rusia e doutros pobos da antiga URSS, para ter sempre a punto auga fervendo, sobre todo para facer o té. A parte inferior deste recipiente ten unha reixa, sobre a que se queima carbón. O lume canalízase por unha cheminea que atravesa o recipiente, mentres que arredor está cheo de auga, que se baleira por riba. Unha billa permite extraer auga quente. Sobre o recipiente colócase unha teteira para facer nela o té e mantelo quente.