San Clodio, ponte de

San Clodio, ponte de

Construción situada sobre o río Avia en San Clodio (Leiro). Trátase dunha ponte de cantaría de tres arcos de medio punto e tallamares triangulares e arredondados, construída no s XV. Atópase no antigo Camiño Real de Ribadavia ao Carballiño.