San Esteban de Gormaz
San Esteban de Gormaz
Municipio da provincia de Soria, Castela e León, regado polo río Duero (3.301 h [2001]). A economía baséase na agricultura e na gandaría. No s X foi escenario de varias batallas contra os musulmáns. Conserva as murallas e a ponte sobre o Duero.