San Lázaro, capela de

San Lázaro, capela de

Capela situada en Santiago de Compostela. Trátase dun pequeno templo situado no lugar dun antigo hospital para acoller aos cóengos leprosos e outros enfermos, a xuízo do seu prior. Foi fundado en 1149 por Afonso Anaya e a súa dona Adosinda Menéndez, polo cóengo Pedro Pardo e por Pedro, prior da colexiata de Santa María do Sar. O domingo de Lázaro ou de Paixón, que se corresponde co quinto domingo de Coresma, celébrase unha romaría en que se ofrecen diversas clases de esmolas.