San Lázaro, ponte de

San Lázaro, ponte de

Construción situada sobre o río Valiñadares en Mondoñedo. Trátase dunha ponte de cantaría con dous arcos rebaixados e tallamares triangulares no centro rematados con escudos. Atópase nun camiño local.