San Martiño, encoro de

San Martiño, encoro de

Pantano no río Sil que baña as parroquias de Seadur (Larouco), Petín e Santa María de Mones (Petín) e A Rúa de Valdeorras e Roblido (A Rúa). Abrangue unha superficie de 186,15 ha. Construíuno IBERDROLA para a explotación dunha minicentral hidroeléctrica.