Sanfiz Raposo, Henrique

Sanfiz Raposo, Henrique

Xornalista. Licenciado en Arte e Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1985), desde ese ano foi director de Radio Fene. Participou na fundación da Asociación de Emisoras Municipais Galegas, da que foi secretario desde 1989. Relator en numerosos encontros, publicou Pública e local: radio municipal en Galicia (1993), Maniños no pasado (1995), con Mª X. Arias, As orixes de Astano (1996) ou O Seixo no pasado (1998), con varios autores.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña