sangría

sangría

(< sangrar)

  1. s f

    Acción e efecto de sangrar.

  2. [MED]
    1. s f

      Operación que consiste na evacuación de certa cantidade de sangue, especialmente a través dunha flebotomía. Procedemento terapéutico moi empregado durante séculos para o tratamento dunha gran variedade de enfermidades, durante a época de medicina empírica chegou a ser aplicado dunha maneira case sistemática pola maioría dos médicos para calquera enfermidade. Para practicala, empregábanse sambesugas (Hirudo medicinalis), que se aplicaban en diferentes partes do corpo.

    2. sangría branca/ incruenta

      Sangría que se practica aplicando ligaduras ás extremidades, para producir unha acumulación de sangue nestas e diminuír, consecuentemente, o volume de sangue circulante.

    3. tempos de sangría

      Proba diagnóstica que explora conxuntamente o mecanismo vascular e as funcións dinámicas plaquetarias da coagulación do sangue.

  3. s f [ANAT]

    sangradoiro.

  4. s f
    1. Acción de dar saída ao líquido contido nun lugar como un recipiente ou un encoro.

    2. Abertura ou incisión practicada a un recipiente para darlle saída ao líquido que contén.

    3. [IND]

      Corte profundo e estreito practicado na madeira ou no metal.

  5. s f [ALIM]

    Bebida refrescante a base de viño tinto, auga, azucre e limón. A miúdo engádeselle licor, especias como a canela ou a noz moscada, e outras froitas.

  6. s f

    Acción de apoderase de xeito pouco honesto de diñeiro ou calquera outro ben.

  7. s f [GRÁF]

    Espazo en branco que se deixa normalmente ao comezo da primeira liña dun parágrafo, antes do texto, para facelo destacar.

Palabras veciñas

sangradura | sangrar | Sangre Real | sangría | sangue | sanguento -ta | Sangüesa