sangue

sangue

(< lat sanguĭne)

    1. s m [FISIOL]

      Líquido que, xunto coa linfa e o líquido intersticial, forma parte do medio interno do corpo. Está constituído polo plasma e polos elemento celulares (eritrocitos, leucocitos e plaquetas). O sangue, de cor vermella nos vertebrados (a causa da hemoglobina dos eritrocitos) e lixeiramente alcalina (pH = 7,4), circula polo sistema cardiovascular do corpo dos animais. O pH mantense constante grazas ao efecto amortecedor do carbonato, do fosfato e da hemoglobina que contén. As principais funcións do sangue son: respiratoria, porque transporta o osíxeno desde os pulmóns ata os tecidos, e o dióxido de carbono desde os tecidos ata os pulmóns; nutritiva, porque transporta as substancias nutritivas desde o intestino ata os depósitos e os tecidos; excretora, porque arrastra os residuos do metabolismo celular ata ser eliminados; inmunitaria, pola acción dos leucocitos e os anticorpos; de regulación hormonal, polo transporte das secrecións e hormonas desde as glándulas endocrinas ata os órganos onde actúan; de regulación do equilibrio hidroelectrolítico, polo constante intercambio entre os líquidos intercelular e extracelular; e tamén a regulación térmica, da presión osmótica, do equilibrio ácido-base e da presión arterial, segundo o volume sanguíneo circulante.

    2. animal de sangue frío [ZOOL]

      poiquilotermo.

    3. animal de sangue quente [ZOOL]

      homeotermo.

    4. golpe de sangue [PAT]

      Denominación popular da apoplexía e de diversos estados inflamatorios, erupcións da pel ou manchas vermellas que se atribúe a unha afluencia repentina do sangue.

    5. sangue arterial [FISIOL]

      Sangue que circula polas arteria transportando osíxeno.

    6. sangue artificial [MED]

      Substitutivo do sangue para transfundir baseado en derivados químicos da hemoglobina. Actualmente en fase de experimentación avanzada, crese que a curto prazo poderá ser empregado en casos de urxencia.

    7. sangue venoso [FISIOL]

      Sangue que circula polas veas transportando dióxido de carbono.

  1. s m

    ínculo de parentesco entre os descendentes dun mesmo devanceiro.

  2. sangue de drago [QUÍM/MED]

    Resina de cor vermella que se extrae do tronco de Calamus draco e outras especies espontáneas en Borneo e Sumatra. A procedente das illas Canarias é producida polo drago de Canarias (Dracaena draco).

Frases feitas

  • A sangue frío. Conscientemente, de maneira calculada.

  • Chucharlle a un o sangue. Roubar ou apropiarse dos bens de alguén.

  • Non chegar o sangue ao río. Quedar algo sen consecuencias negativas.

  • Suar sangue. Esforzarse ou traballar moito para conseguir algo.

  • Levar algo no sangue. Ser algo hereditario.

  • Non ter sangue nas veas. Ser excesivamente tranquilo.

Refráns

  • Sangue pola boca, nin das enxivas.
  • Vale máis onza de sangue que libra de carne.

Palabras veciñas

sangrar | Sangre Real | sangría | sangue | sanguento -ta | Sangüesa | sanguificación