Sanromà i Creus, Joaquim Maria

Sanromà i Creus, Joaquim Maria

Economista. Catedrático de economía, foi profesor de dereito político, administrativo e economía política na Universidade de Santiago do Compostela entre 1854 e 1858. Foi subsecretario do ministro de Finanzas Laureà Figuerola i Ballester, quen ademais o iniciou no coñecemento de H. Ahrens. Durante a súa estancia en Santiago de Compostela, onde tivo como discípulos a Uxío Montero Ríos e Saturnino Álvarez Bugallal, enfrontouse ao clero compostelán pola súa oposición á influencia teocrática. Escribiu Mis memorias (1852-1868).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Barcelona

  • Deceso

    Lugar : Madrid