Santa Cruz da Retorta, igrexa de

Santa Cruz da Retorta, igrexa de

Igrexa parroquial situada en Guntín. Construída no s XII en estilo románico, ten nave rectangular e ábsida rectangular, situada a maior altura, á que se lle engadiu unha sancristía. A portada principal é de arco de medio punto e no tímpano represéntase ao Salvador con gravados do Sol, a Lúa e as estrelas. A espadana é dun só van.