Santa Susana, igrexa de
Santa Susana, igrexa de
Igrexa situada na carballeira de Santa Susana na Alameda de Santiago de Compostela. A súa orixe atópase nunha das primeiras igrexas que se erixiron na cidade, rexistrada no Códice Calixtino e situada ao pé do camiño xacobeo procedente de Padrón. Permaneceu baixo a advocación do Santo Sepulcro e de Todos os Santos ata que o arcebispo Xelmírez trouxo de Braga as reliquias de santa Susana. Reedificouse en 1105 e case non se conservan restos do templo románico. A igrexa é do s XVII e foi trazada por Juan Davila e realizada por Bieito González de Araújo. Pouco despois da súa construción reedificouna Francisco Antúnez. Ten unha única nave e ábsida e no s XIX engadíuselle o campanario.