Santacruz
Santacruz
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de azul, unha cruz floreteada de sable, cargada dunha estreita de goles. Outra trae, escudo cuartelado: 1 e 4, de ouro, cunha cruz floreteada de goles; 2, de goles, cun castelo de ouro; 3, de prata, cun león de goles.