Sanz del Río, Julián
Filósofo e xurista. Estudou en París e en Heidelberg, onde recibiu a influencia de K. Krause. Foi catedrático de Filosofía e un dos primeiros profesores de dereito da Universidad de Madrid. Foi o introdutor en España do krausismo e profesor de Giner de los Ríos, que puxo en práctica as ideas krausistas e creou a Institución Libre de Enseñanza. Foi expulsado da cátedra polo decreto de Orovio ata que foi restituído no seu posto tras a revolución de 1868. Traduciu obras de K. Krause, G. Weber e de Ahrens e publicou Lecciones sobre el sistema de filosofía analítica de K. Ch. F. Krause (1850), Racionalismo armónico, definición y principios (1857), Ideal de la humanidad para la vida (1860, adaptación libre de Das Urbild der Menschheit, de Krause), Sistema de la filosofía (1860-1874) e Filosofía de la muerte (1877).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Torrearévalo, Soria -
Deceso
Lugar : Madrid