Sanz López, Rodrigo

Sanz López, Rodrigo

Político e investigador. Impulsor de destacadas institucións culturais como o Ateneo Ferrolano ou Solidaridad Gallega, colaborou como conferenciante con diversas institucións, como o Ateneo de Madrid. Na Coruña contribuíu á creación da Universidad Popular e desde Solidaridad Gallega promoveu as Asambleas Agrarias de Monforte. Participou na redacción do Estatuto de Galicia, foi presidente do Partido Regionalista Gallego e un dos iniciadores, en 1916, das Irmandades da Fala. Durante a Ditadura de Primo de Rivera foi nomeado presidente da Unión Patriótica de Ferrol e alcalde honorario da cidade. Desde 1931 presidiu o Secretariado de Galicia en Madrid. Editou varios xornais como Solidaridad Gallega -onde escribiu diversos artigos na sección “Luchando”- e El Kardeciano, en homenaxe ao escritor francés Allan Kardec. Colaborou tamén en Ecos del Eume, España, Estudios Gallegos, A Nosa Terra e Prácticas Modernas, e publicou as Bases para un proyecto de Estatuto de Galicia (1931). Foi académico numerario da Real Academia Gallega (1908).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ferrol

  • Deceso

    Lugar : Santiago de Compostela