São Paulo

São Paulo

Capital do estado de São Paulo, Brasil (9.785.640 h [2000]). Está situada nun altiplano, que a serra do Mar separa da depresión litoral, á beira do río Tietê, dividíndoa en dúas partes. Afectada por grandes masas de inmigrantes procedentes de todas as partes do mundo, ao lado de rañaceos e edificios suntuosos atópanse barrios humildes, cun gran contraste urbanístico e social. Esta expansión é debida sobre todo ao cultivo e ao comercio do café, do que é a capital mundial. Fundada en 1554 polos xesuítas, obtivo diversos privilexios en 1560 e tivo unha rápida expansión que provocou numerosos conflitos internos. Capital de Brasil (1681) e cidade (1711), a revolución do café provocou unha forte expansión económica e demográfica. Desde 1870 foi a sede dun movemento republicano, federalista e progresista desfeito en 1932.