Saona

Saona

Río de Francia, afluente pola dereita do Ródano. Nace ao pé dos Faucilles, entre o altiplano de Langres e a vertente suroccidental dos Vosgos, corre en dirección N-S entre o Jura e o NL do Macizo Central, e pasa por Chalon-sur-Saône, Mâcon e Lyon, onde tras un percorrido de 480 km, conflúe no Ródano.