Sapir, Edward

Sapir, Edward

Lingüista. Doutorouse na Universidade de Columbia (1909) e foi profesor das universidades de California (1907-1908), Pennsylvania (1908-1910), Chicago (1925-1931) e Yale (1931-1939), e director da sección de antropoloxía do Museo Nacional Canadense en Ottawa. A partir do seu estudo das linguas amerindias, ao que chegou por influencia de Franz Boas, tratou de poñer en relación lingua e cultura e propuxo unha nova tipoloxía das linguas baseada na consideración de datos formais. Na súa obra de síntese, Language (1921), intentou construír unha nova ciencia da linguaxe á marxe das consideracións históricas e insistindo nos feitos lingüísticos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lauenburg, Alemaña

  • Deceso

    Lugar : New Haven, EE UU