Sara

Sara

Personaxe bíblica, esposa de Abraham. Estéril, deulle ao seu home como concubina a súa serventa Agar que concibiu un fillo, Ismael. Despois da visita de tres anxos enviados por Deus, concibiu a Isaac na súa vellez, e por el, a numerosa descendencia de Israel. Na iconografía represéntase como unha anciá con túnica e manto sobre a cabeza.