Sarajevo

Sarajevo

Capital de Bosnia-Herzegovina, situada no val de Miljacka, afluente do Bosna (360.000 h [estim 1997]). Ten industrias tradicionais de tabaco, cervexa, alfombras, eléctricas e farmacéuticas. Foi sede dos Xogos Olímpicos de inverno de 1984. O 28 de xuño de 1914 foi escenario do asasinato do arquiduque Francisco Fernando de Habsburgo, preludio da Primeira Guerra Mundial. Durante a guerra de Bosnia sufriu o asedio das tropas serbias e en 1995, acabada a guerra, converteuse en capital do estado de Bosnia-Herczegovina. O seu patrimonio cultural foi seriamente danado pola guerra.