Saramago, José de Sousa

Saramago, José de Sousa

Escritor e xornalista portugués. Militante do Partido Comunista portugués, foi perseguido durante a ditadura de Salazar. Continuador do neorrealismo, na súa obra manifesta influencias tanto da literatura popular como do vangardismo. En canto ao seu estilo non delimita os diálogos e utiliza parágrafos moi longos, sen apenas puntos, feito que non significa unha dificultade para o lector. Publicou Os Poemas Possíveis (1966), Deste mundo e do outro (1971), Viagem a Portugal (1981), Memorial do convento (1982), O ano da morte de Ricardo Reis (1982, Premio da Crítica e Premio Pen Club 1985), A segunda vida de Francisco de Assís (1987), Historia do cerco de Lisboa (1989), O Evangelio segun Jesucristo (1922), Ensaio sobre a Cegueira (1995), Todos os nomes (1997), A Caverna (2000), O homen duplicado (2002), Ensaio sobre a lucidez (2004), Don Giovanni ou O dissoluto absolvido (2005) e os diarios Cuadernos de Lanzarote (1994-1998). Recibiu o Premio Camões (1995) e o Premio Nobel de Literatura (1998).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Azinhaga, Golegã, Ribatejo

  • Deceso

    Lugar : Lanzarote