sauna

sauna

(

  1. s f

    Baño de vapor a moita temperatura (60°-80°), propio dos pobos escandinavos, que ten lugar dentro dunha cámara de madeira de bidueiro (apta para a absorción e a transudación do vapor), nun ambiente caldeado por unha estufa. Despois da exposición ao aire quente vai unha ducha fría e, inmediatamente, un baño de vapor; un baño quente e unha ducha fría cerran o ciclo da sauna.

  2. s f

    Establecemento onde se practica a sauna.