Savonarola, Girolamo

Savonarola, Girolamo

Relixioso, escritor e político italiano. Monxe dominicano en Boloña (1475), predicou no N de Italia ata que foi nomeado prior de San Marco de Florencia (1491). Líder dun movemento ascético popular, os piagnoni, tentou reorganizar a república sobre as bases dun cristianismo radical. Partidario de Carlos VIII de Francia na expedición contra Piero de Medici, sacou a Florencia da Liga Santa contra Francia. Obediente ao papa cando este lle prohibiu predicar e disolver a súa congregación, opúxose abertamente a el cando o excomungou. Foi declarado herexe e aforcado.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ferrara

  • Deceso

    Lugar : Florencia