Saxonia-Meiningen, ducado de
Saxonia-Meiningen, ducado de
Estado independente creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia en 1680, para Bernardo I (?-1706), fillo do duque Ernesto I de Saxonia-Gotha. En 1825 incorporou parte do ducado de Saxonia-Hildburghausen e a totalidade do de Saxonia-Saafeld e en 1826 pasou a denominarse ducado de Saxonia-Meiningen-Hildbugrhausen. Desde 1871 pertenceu ao Imperio Alemán e desapareceu en 1918 coa proclamación da república. Integrouse no land de Turinxia en 1920.