Saxonia-Weimar, ducado de

Saxonia-Weimar, ducado de

Estado independente alemán, creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia en 1556, despois da división en ducados do antigo landgraviato de Turinxia, para Xoán Guillerme I (?-1573), fillo pequeno do elector Xoán Federico I de Saxonia. En 1741 incorporou Marksuhl, Eisenach e Jena e tomou o nome de ducado de Saxonia-Weimar-Eisenach. En 1806 adheriuse á Confederación do Rin, e en 1815 foi erixido en gran ducado de Saxonia-Weimar-Eisenach. Foi membro da Confederación de Alemaña do Norte (1867) e do Imperio Alemán (1871). Desapareceu en 1918 coa proclamación da república. Integrouse no land de Turinxia en 1920.