Schad, Christian
Schad, Christian
Fotógrafo alemán. Estudou en Múnic, onde tomou contacto co expresionismo. Integrado no círculo dadaísta de Zúric, foi ilustrador da revista Sirius (1915), e inventou as schadografías, fotografías abstractas resultado da combinación da técnica da colaxe e o fotograma. A partir de 1920 o seu estilo evolucionou cara ao realismo. Traballou con Otto Dix e George Grosz, e participou en exposicións no MOMA de Nova York (1936), en Londres (1970) e Berlín (1971).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Miesbach -
Deceso
Lugar : Keilberg