Schadow, Johann Gottfried von
Schadow, Johann Gottfried von
Escultor e augafortista. Residiu en Italia (1785-1787) e foi escultor da corte e director da Academia de Berlín. Tinxiu o idealismo de realismo. Destacan a Quadriga da Porta de Brandenburg de Berlín (1784), o sepulcro do conde da Marca (1790-1791), en Santa Dorotea en Berlín, e o grupo As princesas Luísa e Federica de Prusia (1795-1797). O seu fillo e discípulo Wilhelm von Schadow (Berlín 1788-Düsseldorf 1862), pintor retratista, foi membro dos nazarenos en Roma e director da Academia de Düsseldorf (1826).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Berlín -
Deceso