Schaffhausen

Schaffhausen

Cantón do N de Suíza (298 km2; 74.200 h [2000]). A súa capital é Schaffhausen. Situado á dereita do Rin, río abaixo do lago Constanza, constitúe un enclave dentro de territorio alemán. A poboación é de lingua xermánica e concéntrase nos vales, sobre todo no de Klettgau, rica zona de cereais e vinícola. A actividade industrial concéntrase na capital.