Schaumburg, condado de
Schaumburg, condado de
Territorio mediatizado do Sacro Imperio, situado sobre o río Weser, creado ao redor de 1030 por Adolfo de Santersleben, que construíu o castelo de Schaumburg ou Schauenburg. En 1110 os condes de Schaumburg recibiron o condado de Holstein, e en 1290, á morte do conde Xerardo I de Holstein-Itzehoe, o condado de Holstein pasou ao seu fillo maior e o de Schaumburg ao segundo. Á morte do seu derradeiro conde (1640), o condado foi desmembrado e repartido entre o elector de Hannover, o landgrave de Hessen-Kessel e o conde de Lippe-Alverdissen, que o converteu no condado de Schaumburg-Lippe.