Scheler, Max
Scheler, Max
Filósofo. Desexou en-troncar o idealismo platonizante da fenomenoloxía husserliana coa tradición afectiva dos pensadores cristiáns. Ademais do mundo das esencias, admitiu o dos valores, que obriga ao home a realizalos nos seus actos facendo que o individuo pase a ser propiamente unha persoa (teoría dos valores). Das súas obras destacan Der Formalismus in der Ethik und die materiale Wertethik (O formalismo na ética e a ética material dos valores, 1913-1916), Wesen und Formen der Sympathie (Esencia e formas da simpatía, 1923), Versuche cu einer Soziologie des Wissens (Buscas dunha socioloxía do coñecemento, 1924) e Die Stellung des Menschen im Kosmos (O lugar do home no mundo, 1928).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Múnic -
Deceso
Lugar : Frankfurt