Schiaparelli, Giovanni
Schiaparelli, Giovanni
Astrónomo italiano. Foi director do observatorio de Brera, en Milán. Estudou as variacións do aspecto e da luminosidade da cabeza do cometa Pons-Brooks (1833) e demostrou que a órbita dos meteoritos do enxame das Perseidas coincidía coa órbita do cometa observado en 1826. Foron moi importantes as súas observacións do planeta Marte, do que a partir de 1877, difundiu a existencia de canles, descubertas por A. Secchi.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Savigliano, Piemonte -
Deceso
Lugar : Milán