Schiller, Johann Christoph Friedrich von

Schiller, Johann Christoph Friedrich von

Escritor alemán. A influencia de Rousseau e dos poetas do movemento Sturm und Drang, fixeron crecer a súa ideoloxía revolucionaria contra a tirania dos gobernos, que reflectiu en Die Räuber (Os bandidos, 1781). Desertou do exército e tivo que fuxir a Mannheim (1782), onde presentou pezas teatrais republicanas, e fundou a revista Rheinische Thalia. Despois, dedicouse á investigación histórica e en 1789 obtivo unha cátedra na Universidade de Jena. A pesar de ser cidadán de honra da nova República Francesa (1792), distanciouse das consecuencias reais da revolución que defendera teoricamente, e interesouse pola filosofía idealista de Kant. Coa edición das revistas Die Horen (1794) e Musenalmanach (1796-1800), iniciou unha constante colaboración con Goethe. Da súa obra dramática, dogmaticamente idealista, destacan Luise Millerin, titulada posteriormente Kabale und Liebe (Cábalas e amor, 1784), Don Carlos, Infant von Spanien (1787), a triloxía de Wallenstein (1798-1799), Maria Stuart (1801), Die Jungfrau von Orléans (A Doncela de Orléans, 1802), Die Braut von Mesina (A noiva de Messina, 1803) e Wilhelm Tell (1804). En poesía sobresaen as baladas e os himnos. Realizou tamén estudos históricos e ensaios, como Über die tragische Kunst (A arte da traxedia, 1782), Über Anmunt und Würde (Da graza e a dignidade, 1793) e Über das Erhabene (Do sublime, 1794). Morreu mentres escribía a traxedia Demetrius.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Marbach

  • Deceso

    Lugar : Weimar