Schlegel, Friedrich von

Schlegel, Friedrich von

Poeta e crítico, irmán de August Wilhelm Schlegel. Considerado un dos teóricos do romanticismo, fundou en 1798 a revista Athenäum, xunto co seu irmán. Autor de aforismos, de escritos críticos e históricos, como Über Goethes Meister (Sobre o Meister de Goethe, 1798) ou Von der Weisheit der Inder (Sobre a sabedoría dos indios, 1808), os seus estudos sobre filosofía da historia (1829) están marcados polo espírito cristián e restaurador da época.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Hannover

  • Deceso

    Lugar : Dresden