Schlick, Moritz

Schlick, Moritz

Filósofo. Integrante do neopositivismo e impulsor do círculo de Viena, defendeu a verificabilidade como único criterio da significación das proposicións científicas, e foi radicalmente crítico contra a metafísica. Escribiu Raum und Zeit in der gegenwärtigen Physik (Tempo e espazo na física actual, 1917), Allgemeine Erkenntnislehre (Teoría xeral do coñecemento, 1918) e Fragen der Ethik (Cuestións da ética, 1930).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Berlín

  • Deceso

    Lugar : Viena