Schliemann, Heinrich

Schliemann, Heinrich

Arqueólogo. Descubriu a situación da Troia homérica no outeiro de Hissarlik (preto dos Dardanelos, Turquía), escavando a cidadela fortificada con nove estratos sobrepostos (Trojanische Altertümer, 1874). En Micenas, descubriu o mégaron e as tumbas da acrópole, que identificou coas dos Atrides (Mykenä, 1878). Escavou o tesouro de Orcomeno (Orchomenos, 1884) e descubriu o palacio de Tirinto (Tiryns, 1886).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Neubokov, Mecklenburg

  • Deceso

    Lugar : Nápoles