Schmidt, Wilhelm
Schmidt, Wilhelm
Etnólogo e lingüista. Sacerdote e profesor nas universidades de Viena (1921) e Friburgo (1939-1950), estudou a evolución da familia. Influído por F. Boas e por E. Westwemark, sostivo a teoría sobre a difusión cultural de F. Graebner. Fundador da revista Anthropos (1906), das súas obras destacan Die Sprachfamilien und Sprachenkreise der Erde (Familias e círculos lingüísticos da Terra, 1926) e Der Ursprung der Gottesidee (A orixe da idea de Deus, 1912).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Hörde, Westfalia -
Deceso
Lugar : Friburgo, Suíza