Schnitzer, Eduard
Schnitzer, Eduard
Explorador e médico alemán. Coñecido como Emin Paixá. En 1865 entrou no exército turco e en 1875 no exipcio. Gobernador da provincia sudanesa de Equatoria, en 1885 fuxiu pola revolución de Mu ḥ ammad A ḥ mad. Recollido por Stanley, que o levou ao Cairo (1888), pasou ao servizo de Alemaña, que o enviou a Tangañika. Foi asasinado polos tratantes árabes de escravos, aos que perseguira.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Opole, Silesia -
Deceso
Lugar : Kinena, República do Congo