Schubert, Franz

Schubert, Franz

Compositor. O primeiro período da súa produción comprende cuartetos de corda, lieder, seis sinfonías e o quinteto Die Forelle (A troita, 1819). A segunda época vai de 1820 a 1825, con óperas como Alfonso und Estrella (1822). No campo do lied destaca o ciclo Die Schöne Müllerin (A bela muiñeira, 1823). Máis importantes son a Wanderer-Fantasie para piano (1822), os cuartetos de corda en la e re menor, este último chamado Der Tod und das Mädchen (A morte e a doncela, 1824), sonatas para piano e a sinfonía chamada A inacabada (1822). Os tres últimos anos (1826-1828) foron ricos en obras cada vez mais subxectivas, coma o ciclo Die Winterreise (Viaxe de inverno, 1827) e Schwanengesang (O canto do cisne, 1828). Nesta última etapa compuxo obras pianísticas, como Fantasía en fa menor a catro mans (1828), e as tres sonatas póstumas (1828), así como Misa Alemá (1827) e Misa en mi bemol (1828), ademais do quinteto en do maior para dous violoncellos (1828) e a Novena Sinfonía, chamada A Grande.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Viena

  • Deceso