Schwarzert, Philipp

Schwarzert, Philipp

Humanista e reformador alemán, sobriño neto de Johannes Reuchlin. Coñecido como Philipp Melanchton, foi profesor de grego na Universidade de Wittenberg, onde reformou os estudos con J. Burckhardt, dándolles un aspecto humanístico, e entrou en contacto con M. Luter. Cos Loci communes rerum theologicarum seu hypotyposes theologicae, contribuíu á dogmática luterana. Redactou a Confesión de Augsburg e máis tarde, fronte á confutatio católica, a Apologia, libro simbólico no luteranismo. Estivo implicado nas controversias dos adiaforistas e nas doutros reformadores. As súas posturas teolóxicas e disciplinarias chegaron a crear o filipismo como corrente propia dentro do luteranismo, no que influíu para mantelo nunha liña humanista. As súas obras completas publicáronse no Corpus Reformatorum (1834-1860 e 1951-1965).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Bretten de Baden

  • Deceso

    Lugar : Wittenberg